jueves, 13 de mayo de 2010

Soños e proxectos

Xa está aquí. O que hai uns meses só era o tema dun café,  destes que comezan cun “a que estaría ben facer...” hoxe case é unha realidade.

O final parece que si vai ser. Imos facer un documental sobre un grupo de rapaces cunha discapacidade psíquica mentres realizan unha curta de ficción. Guau.

A falta de menos de dous meses para comezar a rodaxe, chega o momento de facer reconto: Temos os deberes feitos? Temos os permisos? Contamos con todo o persoal que precisamos? Outra vez “guau”. E un “Uff” de regalo.

Esta que comeza hoxe é a historia dun proxecto bonito, dun soño quizais algo pretencioso, pero o noso punto de partida é claro: que saia ou non dependerá da forza das nosas ilusións e do noso traballo.

Ben. Esteamos ou non esteamos preparadas, as cinco, coma dirían os romanos: “a sorte está botada”. Alá imos.