martes, 3 de agosto de 2010

MÚSICA!

O domingo pola noite fixemos un chamamento na procura de temas musicais para ambientar os nosos vídeos. En menos de 24 horas recibimos varias respostas positivas.

Nós, que procedemos tamén do eido creativo, sabemos o esforzo que conleva facer un traballo, darlle vida, poñer o tempo, os miolos e o corazón nel... e que despois a meirande parte do mundo non se decate do que aí dentro hai, e que mesmo lle quiten importancia porque pensan que pode facelo calquera, e non o valoren xustamente.

Por iso apreciamos aínda máis se cabe o xesto que tivéchedes ao ofrecervos desinteresadamente e case a cegas, sen ver nada do traballo que estamos a desenvolver. Moitísimas grazas de todo corazón, especialmente a Suso Aboy, The Bluesomes e Bon A Chic, que xa confirmaron a súa colaboración.

Esperamos que vos levedes algo bo disto, alomenos unha experiencia enriquecedora coma a que estamos vivindo nós. Eu persoalmente recuperei a confianza no ser humano. Que non é pouco.

1 comentario:

  1. Non hai que dalas, para nós (The Bluesomes) é un orgullo poder poñer un gran de area en todo isto, con tan boa pinta.

    Moita sorte.

    ResponderEliminar