jueves, 29 de julio de 2010

Final ou principio?

Onte foi a festa de despedida dos rapaces.

Bágoas, risas, agasallos e algún que outro cabreo pero sobre todo a sensación de que foi curto. Ou longuísimo. Ou non sei.

Esta mañá tocaba reconducir o proxecto: rematado o traballo de campo toca a parte "escura"do audiovisual: as horas diante dos ordenadores, facendo chamadas, xestionando... todas esas tarefas que han convertir un montonciño de cintas e tarxetas que se amorean a un lado da miña mesa nun produto audiovisual.

Mentres facía isto, de repente, dende o ordenador do lado donde estaba María a traballar, coláronse as voces deles, dos rapaces, e sorrín antes de decatarme de que, a partir de agora,  aínda que o traballo máis estresante xa rematou, o que queda, aparte de máis arduo, vai resultar moito máis aburrido, máis triste.

Este último mes case me desespero: eran demasiadas cousas que facer, demasiado que controlar, demasiadas cousas que podían saír mal. Pero sempre, sempre, rin, cada día, en cada sesión. É probable que agora a tarefa resulte máis tranquila, que as tensións sexan outras, pero o que hoxe notei é que nesta parte do traballo que agora comezamos ninguén me vai garantir un sorriso diario.


E iso non me gusta nada.

1 comentario:

  1. Non che sei. Uns cantos risos e sorrisos xa caeron vendo algunhas das gravacións. Vainos costar un mundo seleccionar os mellores momentos... foron todos inolvidables!

    ResponderEliminar